Aviso legal

A FUNDACIÓN GALICIA EMPRESA (en adiante «FGE»), de nacionalidade española, con domicilio en Rúa Curraliño, 2 Horta de San Francisco en Santiago de Compostela, inscrita no Rexisto Público de Fundacións e  Declarada de interese industrial por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 16 de abril de 1997 (D.O.G. nº 8, do 28 de abril), e declarada de interese galego por Orde da Consellería de Industria e Comercio do 9 de febrero de 1998 (D.O.G. nº 38, do 25 de febrero), figurando inscrita co número 1998/32, titular do CIF G15474117 é a titular do portal web www.fundaciongaliciaempresa.gal (en adiante «o Portal»).
 

  1. Condicións de utilización do portal: As presentes condicións xerais de utilización do Portal así como calquera outra que a tales efectos puidesen establecerse, teñen por finalidade a regulación do uso do Portal. A navegación e/ou utilización do Portal e os seus servizos supoñen a aceptación como usuario, e sen reservas de ningún tipo, de tódalas condicións xerais de utilización do mesmo, e de calquera outra que puidese establecerse en relación coa prestación, a través do portal, de servizos ofrecidos pola FGE. A visita a este sitio web non supón que o usuario estea obrigado a facilitar ningunha información sobre si mesmo.
     
  2. Propiedade Industrial e Intelectual. Política de hiperligazóns: Todos os contidos incluídos no portal e, en particular, as marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outro signos ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual da FGE ou dos terceiros titulares dos mesmos e que teñen autorizado a súa inclusión no portal. Queda, polo tanto, expresamente prohibida calquera utilización e/ou reprodución de tales marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e demais signos ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial, sen o consentemento expreso e por escrito da FGE. A FGE non será responsable da infracción dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes a terceiros que puidesen derivarse da inclusión no portal de marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outros signos ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial pertencentes a terceiros que teñan declarado ser titulares dos mesmos e autorizado a súa inclusión no portal. Non se poderá establecer ningún vínculo ao portal dende calquera outra páxina web sen o coñecemento previo da FGE. Os enlaces que se establezan deberán facerse sempre á páxina principal da FGE ou, no seu caso, a aquela páxina que a propia FGE determine, sendo dito enlace completo. A reprodución dos contidos do portal está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal. A FGE non será responsable do contido das páxinas web de destino que se establezan mediante vínculos no portal, nin tampouco das infraccións de dereitos de terceiros nas que ditas páxinas puideran incorrer.
     
  3. Responsabilidade da FGE e do usuario: O usuario recoñece e acepta que a utilización do portal e dos servizos que poidan ofrecerse no mesmo se realiza baixo a súa enteira e exclusiva responsabilidade. Non obstante, a FGE adoptará en todo momento as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e tendo en conta o estado da tecnoloxía, para garantir o adecuado funcionamento do portal e evitar a existencia e transmisión de virus e doutros compoñentes que puidesen prexudicar aos usuarios.
     
  4. Obrigas do USUARIO: O usuario obrígase a utilizar os contidos do portal de forma dilixente, correcta e lícita, e en consecuencia comprométese a absterse, en todo caso, de:
    • utilizar os contidos do portal con fins ou con efectos contrarios á lei, á moral e os bos costumes ou á orde pública.
    • reproducir, copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos incluídos no portal, excepto no caso de que conte coa pertinente autorización expresa e por escrito do titular do portal.
    • utilizar os contidos do portal para remitir publicidade, comunicacións con fins de venta directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a una pluralidade de persoas calquera que sexa a súa finalidade, así como comercializar ou divulgar de calquera modo dita información.
       
  5. Política de cookies: A presente política de cookies proporciona a información necesaria para que calquera usuario do Portal poida decidir se desexa permitir a instalación das cookies utilizadas pola FGE. As cookies son arquivos, enviados desde un servidor web, que almacenan información no equipo do usuario. As cookies que utiliza a FGE son anónimas e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario. A FGE utiliza os seguintes tipos de cookies:
    • Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través do Portal e a utilización das diferentes opcións ou servizos que existen nela como, por exemplo, identificar a sesión, acceder a zonas de acceso restrinxido ou compartir contidos a través de redes sociais.
    • Cookies analíticas: Son aquelas que nos permiten realizar o seguimento e análise do comportamento dos usuarios do Portal. Utilizamos os servizos de Google Analitycs para realizar estas análises. As condicións deste servizo poden consultarse na seguinte dirección:
          Google Analitycs
    • Cookies sociais: Son aquelas que os provedores de servizos de redes sociais poden instalar cando o usuario selecciona compartir un determinado contido do Portal na rede social que operan. As condicións destes servizos poden consultarse nas seguintes direccións:
          Google Plus/YouTube
       
  6. Xurisdición: A relación establecida entre a FGE e o usuario rexerase polo disposto na lexislación vixente e aplicable tanto no que se refire á materia como á xurisdición competente. Non obstante, para os casos nos que a normativa prevea a posibilidade das partes de someterse a un foro, a FGE e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someterase aos xulgados da cidade de Santiago de Compostela.