Bodegas Terras Gauda - Fundación Galicia Empresa

Bodegas Terras Gauda

Un trago de identidade
Razón social: 
Bodegas Terras Gauda, S.A.
Presidente/a: 
José María Fonseca Moretón
Sector: 
Vitivinícola
Data de creación: 
1989
Estrada Tui - A Guarda, km 46 - 36760 As Eiras, O Rosal, Pontevedra

Fundada no Val do Rosal, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, cunha produción inicial de 37.000 botellas da colleita 1990. Na actualidade comercializamos máis de 1,5 millóns de botellas. As nosas 160 hectáreas de viñedo garanten, en cantidade e calidade, a materia prima necesaria para elaborar viños. Bodegas Terras Gauda exponse como principal obxectivo a elaboración de viños de máxima calidade, con personalidade propia, a partir de variedades nobres cultivadas nas condicións idóneas e vinificadas segundo a tradición da zona, procesadas coa tecnoloxía máis avanzada e os máximos coidados.