Cogal - Fundación Galicia Empresa

Cogal

Na búsqueda de ofrecer o mellor servizo
Razón social: 
Coellos Galegos Cogal, S. Coop. Galega
Presidente/a: 
Natalio García Carral
Sector: 
Agroalimentario
Data de creación: 
1985
Alceme - 36530 Rodeiro, Pontevedra

A inquietude e visión de futuro, leva a un grupo de cunicultores no ano 1985, a crear Cogal. Iníciase aquí un ambicioso proxecto cunhas mínimas instalacións: un pequeno matadoiro e almacén frigorífico co fin de levar ao mercado unha das carnes máis saudables que existen. Durante estes anos, Cogal experimentou un crecemento notable en instalacións, tecnoloxía, produtos e equipo humano. O compromiso desde entón é e seguirá sendo o mesmo: a procura constante da calidade e o mellor servizo para clientes. Estes anos de crecemento continuo, seguindo un planificado proxecto de integración, levaron á ampliación de todas as instalacións: matadoiro, salas de despezamento cámaras frigoríficas, almacén, expedición, administración; á creación de novas seccións como o centro de xenética e inseminación artificial e á construción da planta de tratamento de subproductos e a depuradora de augas para que a actividade nunca afecte á contorna natural.