Cristalería Pontevedresa - Fundación Galicia Empresa

Cristalería Pontevedresa

O cristal non ten límites
Razón social: 
Cristalería Pontevedresa, S.A.
Presidente/a: 
Francisco Barbeito Otero
Sector: 
Industrial
Data de creación: 
1959
Polígono industrial A Reigosa, parcela 2 - 36827 A Reigosa, Ponte Caldelas, Pontevedra

En 1959, Francisco Barbeito Castro funda Cristal Pontevedresa, unha pequena empresa familiar que se dedicaba exclusivamente ao corte e a colocación de vidro. Sucesivas innovacións técnicas, aplicadas a esta industria no devir dos anos, consolidáronnos como unha firma de alto nivel no sector. Cristal Pontevedresa conta con dúas fábricas, de máis de 18.000 m2, equipadas coa tecnoloxía máis avanzada para a transformación do vidro laminado, tépedo e curvado. Coas achegas do departamento de I D i e o uso de tecnoloxía punta no sector, presenta ao mercado novas solucións en vidro, caracterizadas pola seguridade, o deseño personalizado, a versatilidade e a eficiencia enerxética.