CRTVG - Fundación Galicia Empresa

CRTVG

Falamos a mesma língua
Razón social: 
Compañía de Radio Televisión de Galicia
Presidente/a: 
Alfonso Sánchez Izquierdo
Sector: 
Audiovisual
Data de creación: 
1984
Lugar de Bando, San Marcos - 15820 Santiago de Compostela

A Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) foi fundada en 1985 e está situada en Santiago de Compostela, capital de Galicia. A misión primeira da Compañía é mellorar e normalizar o uso da nosa lingua oficial, o galego, e promover a nosa cultura, a través da Televisión de Galicia (TVG) e da Radio Galega (RG). Os seus orzamentos son sostidos principalmente polo Goberno autónomo de Galicia, e tamén por publicidade. A empresa no seu conxunto ten preto de mil empregados no seu centro de produción central xunto a 4 delegacións nas principais cidades de Galicia e unha máis en Madrid. CRTVG é un dos membros fundadores de FORTA, a federación das radios e televisións autonómicas de España, da que forman parte 13 entes públicos.