Editorial Galaxia - Fundación Galicia Empresa

Editorial Galaxia

Un ben cada día máis necesario
Razón social: 
Editorial Galaxia, S.A.
Presidente/a: 
Víctor Fernández Freixanes
Sector: 
Editorial
Data de creación: 
1950
Avda. de Madrid 44 - 36204 Vigo

Cando no ano 2000 Galaxia celebrou o seu cincuentenario levaba xa publicados máis de 1.700 títulos. Con vocación xeneralista, empeñada na modernización da lingua e da cultura galegas, segue a desenvolver a súa actividade co espírito e a ambición do primeiro día. Editorial independente, de capital exclusivamente galego, que inviste os seus beneficios na propia empresa, comprometida cos valores do galeguismo, o pluralismo e a tolerancia. Unha editorial que fai da lingua e da cultura galegas a súa razón de ser. Este panorama, cada vez máis rico, plural e competitivo, constitúe un estímulo modernizador para Galaxia.