Feiraco - Fundación Galicia Empresa

Feiraco

Alimentando un xeito de ser
Razón social: 
Feiraco, S. Coop. Galega
Presidente/a: 
José Antonio Casais Fernández
Sector: 
Agroalimentario
Data de creación: 
1968
Agrón s/n, Ames - 15864 A Coruña

Cooperativa de gandeiros fundada en 1968 e comprometida co desenvolvemento de Galicia. A compañía é referente no sector lácteo galego. Recolle, procesa e comercializa leite de vaca e produtos derivados procedentes unicamente das explotacións de socios gandeiros, a quen se lle garante todos os servizos necesarios para que poidan desenvolver a súa actividade. Desde fai máis de 40 anos, FEIRACO traballa para alimentar unha forma de ser baseada en valores como a cooperación, a xenerosidade e o respecto ao medio ambiente e á nosa contorna. En Feiraco manténse un firme compromiso coa calidade para ofrecer os mellores produtos lácteos, saudables e elaborados de maneira sustentable. Ademais, apóstase polo fomento do desenvolvemento económico e social de Galicia, dando valor e apoiando a produción gandeira dos seus socios.