Financiera Maderera S.A. (Finsa) - Fundación Galicia Empresa

Finsa

A madeira como selo de identidade
Razón social: 
Financiera Maderera, S.A.
Presidente/a: 
Domingo Enrique Aller Domínguez
Sector: 
Industrial
Data de creación: 
1937
Estrada N-550, km 57 (Apt. 127) - 15890 Santiago de Compostela

FINSA foi pioneira na fabricación de taboleiros aglomerados e MDF na Península Ibérica. A empresa, fundada en 1931 como un pequeno serradoiro, mantivo un crecemento sostido desde entón até os nosos días. Na actualidade, FINSA fabrica unha ampla variedade de produtos derivados da madeira. Nos últimos anos os investimentos centráronse en ampliar a presenza internacional e incrementar a capacidade de produción, especialmente en produtos de alto valor engadido dentro da cadea de transformación da madeira técnica: taboleiros de aglomerado e MDF recubertos de melamina, chapa de madeira, rechapado, molduras, módulos de cociña, compoñentes para mobles, chans laminados, etc. Grazas a isto, hoxe en día FINSA é un referente mundial no sector.