Grupo Puentes - Fundación Galicia Empresa

© Juanpa Calvo

Grupo Puentes

Creando pontes entre Galicia e o mundo
Razón social: 
Puentes y Calzadas Grupo de Empresas, S.A.
Presidente/a: 
José Manuel Otero Alonso
Sector: 
Medioambiental
Data de creación: 
1977
Estrada da Estación s/n - 15888 Sigüeiro, A Coruña

Fundada en 1977 na Coruña, Grupo Puentes comezou a súa traxectoria cun grupo local de 50 profesionais. Herdeiros da súa primeira obra, a ponte de Rande, con gran esforzo e determinación demostraron que pronto ían ser unha empresa destacada no sector. Trinta e seis anos despois Grupo Puentes é un grupo empresarial que conta cun equipo internacional de máis de 500 profesionais e  máis de 1.000 obras presentes ao longo de 11 países. Desde a súa orixe, a misión de Grupo Puentes foi construír pontes e viadutos que sexan exemplos para as futuras xeracións. Para iso ha desenvolve a súa ética empresarial e filosofía corporativa baseándose nos  seguintes obxectivos: a seguridade, a constante innovación, a procura da excelencia técnica, a satisfacción do cliente, a formación e a motivación continua do capital humano, así como a preocupación polo medio ambiente. Ao longo da súa extensa traxectoria empresarial as decisións estratéxicas de Grupo Puentes fundamentáronse no seu código de conduta, que se guía polo compromiso coa xestión responsable, a prudencia financeira, a calidade e a transparencia en todas as súas actividades.