Jealsa Rianxeira - Fundación Galicia Empresa

Jealsa Rianxeira

Un nome con sabor a tradición
Razón social: 
Jealsa Rianxeira, S.A.
Presidente/a: 
Jesús Alonso Fernández
Sector: 
Alimentación
Data de creación: 
1958
Bodión s/n - 15930 Boiro, A Coruña

En 1958 un emprendedor home de negocios, D. Jesús Alonso Fernández, creou a conserveira que levaba o seu nome, e que en 1974 pasou a constituírse en sociedade anónima. Situada na Coruña, municipio de Boiro, lugar privilexiado da galega Ría de Arousa, Jealsa Rianxeira S.A. esténdese por todo o mundo, e en calquera tipo de actividade relacionada. Sempre tivo moi presente que o seu crecemento e consolidación pasa pola internacionalización do seu modelo empresarial, caracterizado pola integración do pleno respecto dos dereitos humanos, a explotación sustentable dos recursos, a responsabilidade ambiental e o desenvolvemento social e económico das localidades e países nos que está presente.