Marcelino Martínez - Fundación Galicia Empresa

Marcelino Martínez

Pedra natural e tecnoloxía de vangarda
Razón social: 
Marcelino Martínez, S.L.
Presidente/a: 
Manuel Martínez
Sector: 
Industrial
Data de creación: 
2015
Polígono As Gándaras 26 - 36400 O Porriño, Vigo

O Grupo Marcelino Martínez comezou a súa actividade na década dos anos sesenta coa apertura das súas primeiras canteiras en Galicia, expansionándose cara ao resto de España, e de forma internacional en Portugal e Venezuela. Desde hai anos implicouse na elaboración, transformación e produción de áridos, co obxectivo de ofrecer ao sector un servizo integral, garantindo ao mesmo tempo, calidade e solvencia desde a súa orixe. Máis de medio século de historia avala o traballo e a profesionalidade da nosa Empresa no sector da pedra natural. Coa nosa experiencia, a xestión directa das propias canteiras e a aplicación das máis avanzadas tecnoloxías de extracción, lógrase un recoñecemento nos principais mercados mundiais do sector, nos que a presenza dos nosos materiais é un símbolo de calidade para os clientes.