Norvento - Fundación Galicia Empresa

Norvento

Galicia á cabeza da economía enerxética e ambiental
Razón social: 
Norvento Enerxía, S.L.
Presidente/a: 
Pablo Fernández Castro
Sector: 
Enerxético
Data de creación: 
1981
Ribadeo 2, entrechán - 27002 Lugo

É un grupo empresarial dedicado á promoción, construción e explotación de plantas enerxéticas que utilizan fontes de enerxía de orixe renovable presente no sector enerxético desde 1981. Pertence á familia Fernández Castro, fundadora do Grupo. As súas orixes están vinculadas á prestación de servizos de inxeniería e á consultoría no sector eléctrico e da enerxía, especialmente nas áreas de transporte e distribución de enerxía eléctrica e enerxía renovable. O seu equipo humano está configurado por profesionais altamente especializados distribuídos nas áreas de actuación nas que actualmente se estrutura: enerxía, enxeñaría e tecnoloxía.