Os Irmandiños - Fundación Galicia Empresa

Os Irmandiños

Unha cooperativa de máis de 1000 socios
Razón social: 
Cooperativa Os Irmandiños
Presidente/a: 
José Sancosme Iglesias
Sector: 
Agropecuario
Data de creación: 
1976
A Rochela - 27795 A Devesa, Ribadeo, Lugo

Os Irmandiños Sociedad Cooperativa Galega, está ubicada na Parroquia de A Devesa, no término municipal de Ribadeo dende 1976. O que nun principio foi a idea dunha fábrica de penso para 70 explotacións, que comezou a súa actividade en 1978, non tardou en evolucionar aumentando considerablemente o número de socios até chegar aos nosos días cuns 1080 socios, con presenza nuns 40 municipios de Lugo e Asturias. Na actualidade, o crecemento destes servizos e outros como a comercialización de gando, a tenda agraria, a alimentación complementaria, etc., fai que a facturación da cooperativa véxase cada vez máis repartida en diferentes actividades, lonxe daquela hexemonía total nos inicios da fábrica de penso.