Pérez Rumbao - Fundación Galicia Empresa

Pérez Rumbao

Disfruta da viaxe
Razón social: 
Grupo Pérez Rumbao, S.A.
Presidente/a: 
Emilio Perez Nieto
Sector: 
Automoción
Data de creación: 
1922
Estrada 525 km 231, 1. Zona Comercial Barreiros - 39910 San Cibrao das viñas, Ourense

GRUPO PÉREZ RUMBAO: Pérez Rumbao é a empresa galega líder do sector da automoción en Galicia. Con máis de oitenta anos de historia, a día de hoxe está especializada en diversas liñas de negocio vinculadas co sector, como son as vendas de turismos e vehículos industriais, talleres de reparación, fabricación de carrozarías e distribución de produtos petrolíferos. A actividade de Pérez Rumbao empeza na cidade de Ourense, onde aínda se atopan as oficinas corporativas, e  está presente, a día de hoxe, en catro provincias galegas e en Portugal, froito da política de crecemento que se veu desenvolvendo nos últimos anos  e coa vocación de ofrecer unha cobertura de servizo o máis ampla posible aos seus clientes.