Porto de Celeiro - Fundación Galicia Empresa

Porto de Celeiro

Preservamos o produto mariño
Razón social: 
Porto de Celeiro, S.A.
Presidente/a: 
Sergio Blas Fontán
Sector: 
Pesqueiro
Data de creación: 
1994
Peirao Sur s/n, Celeiro - 27863 Viveiro, Lugo

O Grupo Porto de Celeiro, constituído en 1994 e formado na actualidade por 70 empresas accionistas, foi pioneiro na aplicación de criterios empresariais á xestión dun porto pesqueiro a través da constitución dunha sociedade anónima. O Grupo ten actualmente 38 empregados, aínda que no conxunto de empresas supéranse os 200. Nos barcos hai máis de 1.100 mariñeiros. A actividade do Grupo céntrase na xestión do porto, a intermediación de compra-venda de peixe e todo aquilo que necesite a pesca como accesorio para levar a cabo a súa actividade. Para iso, nos últimos anos incorporou as novas tecnoloxías ao seu modelo de negocio como soporte para un funcionamiento máis eficiente e áxil.