Rodman - Fundación Galicia Empresa

Rodman

Uns asteleiros en expansión
Razón social: 
Rodman Polyships, S.A.
Presidente/a: 
Manuel Rodríguez Vázquez
Sector: 
Naval
Data de creación: 
1974
Rios-Teis s/n - 36216 Vigo

As orixes do Grupo Rodman, remóntanse ao ano 1974, cando D. Manuel Rodríguez, actual presidente do Grupo, funda Rodman Construcións Navais e Industriais, iniciando a súa actividade na construción naval. Durante estes anos, construíronse e entregáronse, nos estaleiros do Grupo, máis de 13.000 embarcacións. Esta traxectoria e experiencia adquirida, permitíronlle ao Grupo situarse como un dos grupos de construción naval máis consolidados a nivel europeo. Na actualidade o Grupo Rodman é a compañía máis antiga de España no seu sector cunha bagaxe de actividade ininterrompida durante case 40 anos.