Sargadelos - Fundación Galicia Empresa

Sargadelos

Patrimonio cultural
Razón social: 
Fábrica Cerámica Sargadelos, S.L.
Presidente/a: 
José Luis Vázquez Montero
Sector: 
Cerámico
Data de creación: 
1949
Sargadelos - 27891 Cervo, Lugo

"Terras galegas elaboradas con ideas do noso tempo". Baixo este lema resúmese a identidade de Sargadelos, dende que Antonio Raimundo Ibáñez, despois de establecer unha moderna siderurxia en 1794 no mesmo lugar, alumara a principios do século XIX a iniciativa de converter as ricas arxilas galegas en innovadoras louzas decoradas. Na actualidade, conta con dúas plantas de produción nas que traballan máis de 245 persoas. Unha está situada no Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e outra en Sargadelos, no concello de Cervo ( Lugo). Ademais, dispón de 15 puntos de distribución exclusiva, as Galerías Sargadelos, ás que se pode engadir unha rede de máis de sesenta tendas de decoración e xoierías multimarca en España, noutros países europeos, Asia e América. Xunto á súa actividade industrial e comercial, Sargadelos leva adiante un importante labor de difusión e promoción da cultura galega, principalmente, dos talentos máis novos da arte e da literatura.