Televés - Fundación Galicia Empresa

Televés

Enxeño e eficiencia
Razón social: 
Televés, S.A.
Presidente/a: 
Ramón Bescansa de la Gándara
Sector: 
Telecomunicacións
Data de creación: 
1961
Rúa Benéfica de Conxo 17 - 15706 Santiago de Compostela

Televés foi evolucionando ao longo de máis de 50 anos de historia até situarse como empresa líder de cobertura global. Televés é deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos para a distribución de servizos de telecomunicacións na infraestrutura dos edificios e fogares. A sede central de Santiago de Compostela alberga unhas instalacións de fabricación de última xeración. Unha das claves da empresa é crer na entrega de produtos de calidade superior a través dun proceso de fabricación exquisita. Actualmente Televés é moito máis que unha marca líder. É a cabeza dunha corporación composta por empresas tecnolóxicas estratéxicas, cunha presenza comercial en máis de 90 países. Televés está formado por máis de 20 filiais industriais e de servizos, máis de 800 empregados e conta con máis de 200 rexistros de Propiedade Industrial (patentes europeas, patentes nacionais e modelos de utilidade).