Vegalsa - Fundación Galicia Empresa

Vegalsa

Aposta polo produto galego
Razón social: 
Vegalsa-Eroski
Presidente/a: 
Joaquín González Iglesias
Sector: 
Alimentación
Data de creación: 
1977
Polígno A Grela-Bens, Rúa Gambrinus 9-11 - 15008 A Coruña

Vegalsa-Eroski, empresa líder da distribución comercial en Galicia, está participada ao 50% pola familia de Ventura González e Eroski. As orixes da compañía remóntanse aos anos corenta do pasado século XX, cando o fundador e actual presidente de honra instala en Vigo o seu primeiro negocio de alimentación. Nun longo percorrido, sempre en vanguardia dos formatos comerciais en Galicia, a compañía opera como almacenista de alimentación, crea as primeiras tendas, inaugura e expande o modelo de franquía, até a creación dunha rede de supermercados propios que se estende por toda Galicia con distintas ensinas. En 1998, coa alianza con Eroski a compañía fortalécese para abordar os retos do liderado comercial en Galicia, o que consegue cunha política de compromiso coa Comunidade, con presenza en todo o territorio e aposta polos produtos galegos. Vegalsa-Eroski, con máis de 4.300 traballadores, é a sexta empresa de Galicia por emprego e facturación.