Xesgalicia - Fundación Galicia Empresa

Xesgalicia

Apoiando o emprendemento
Razón social: 
Xesgalicia, S.A.
Presidente/a: 
José Manuel Ortigueira Bobillo
Sector: 
Financeiro
Data de creación: 
1999
San Lázaro s/n (Edificio IGAPE) - 15703 Santiago de Compostela

XESGALICIA, a sociedade xestora de entidades de capital risco galega, financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas. Como complemento, outórgalles préstamos participativos ou préstamos ordinarios a longo prazo a empresas participadas, realizándoo a través da xestión e administración de diferentes e específicos Fondos de Capital Risco. O único requisito a ter en conta, é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores.