Dicionario galego de recursos humanos, 2010. Fundación Galicia Empresa

Con este Dicionario a Fundación Galicia Empresa súmase ás iniciativas postas en marcha para normalizar o uso do galego nas empresas e contribuír á estandarización da súa terminoloxía baseándose nos criterios de adecuación, pertinencia e precisión.

Esta publicación recolle uns 900 conceptos e máis de 1300 denominacións en galego, 1400 en castelán e 1700 en inglés, baleirados de repertorios terminolóxicos, lexicográficos e especializados. Nel coexisten conceptos profusamente tratados na lexislación e outros de recente introdución no noso país. Así mesmo, recolle formas incluídas xa nos dicionarios de lingua xeral e outras que, pola súa especialización, dificilmente se incorporarán ás obras lexicográficas tradicionais.

Dicionario galego de recursos humanos

Dans, Lucía; Maneiro, Yolanda; Veiga, Inés
Edita: 
Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Fundación Galicia Empresa e Real Academia Galega
ISBN: 
978-84-453-4936-6
Número de páxinas: 
195

Descargar a obra completa