Portada do libro Empresarios de Galicia (Volume 1)

Este libro satisfai o desexo da Fundación Galicia Empresa de recuperar para a memoria empresarios emblemáticos que foron quen de inaugurar ou impulsar o sector empresarial en Galicia. Rescata unha parte substancial da historia de Galicia, construída por pequenos, medianos e grandes empresarios, moitos habitualmente fóra da galería de retratos da historia galega. Esta antoloxía engarza as súas iniciativas, os seus éxitos e fracasos na historia de Galicia desde o século XVIII.