Portada do libro Empresarios de Galicia (Volume 2)

É un motivo de orgullo presentar un segundo volume de biografías de empresarios galegos dos séculos XIX e XX, a continuación da editada tres anos antes e que suscitou notable interese e mesmo sorpresa. Poucos eran os que sabían da traxectoria vital dos protagonistas ou mesmo do que foran as súas estratexias empresariais. 

Destaca neste segundo volume a relación entre empresa e política, así como a inclusión dun amplo feixe de biografías de empresarios galegos que desenvolveron a súa actividade lonxe dos nosos lares sendo membros destacados das elites industriais e comerciais dos lugares onde traballaron