Fundación Galicia Empresa, unha filosofía, 2001. Fundación Galicia Empresa

Un libro que recolle as ideas que marcan as coordenadas da Fundación Galicia Empresa, que a sitúan social, temporal e culturalmente. É unha boa carta de presentación á sociedade e a outros empresarios e, asemade, un texto teórico que regurxita ós propios asociados da Fundación, proporcionándolles discurso e afianzamento.

Os traballos recollidos neste libro corresponden nos casos de Carlos Casares Mouriño, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ramón Villares Paz ós discursos que cada un, respectivamente, pronunciou nos actos de presentación da Fundación nas cidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. O de Ramón Castromil reproduce as palabras de agradecemento ó serlle entregado o Pedrón de Ouro polas súas iniciativas a favor da nosa lingua e a nosa cultura desenvolvidas desde a empresa Castromil, que constituíron a primeira actividade da Fundación Galicia Empresa, da que el mesmo foi tamén o primeiro presidente. Por último, os traballos que aquí se integran do profesor e académico Xesús Ferro Ruibal corresponden a artigos publicados en prensa inspirados nos primeiros pasos da Fundación, coa que el leva colaborando moito desinteresadamente e animosamente. Para todos eles vaia o nosos agradecemento.

Fundación Galicia Empresa, unha filosofía

Fundación Galicia Empresa
Edita: 
Fundación Galicia Empresa
ISBN: 
84-7680-363-X
Número de páxinas: 
136

Descargar a obra completa