Historia dun compromiso singular, 2011. Fundación Galicia Empresa

No ano 2001, a Fundación Galicia Empresa publicou o seu primeiro libro titulado «Fundación Galicia Empresa, unha filosofía», pasaron desde entón case dez anos, nos que fomos intentando facer realidade o que naquel libro se apuntara como obxectivo, o desenvolvemento do noso obxecto fundacional que tanto nos gusta repetir. A fundación madurou, e cremos que é hoxe en día unha realidade asentada e respectada. Por iso agora necesitabamos outra fotografía desta fundación, actualizada, que recollese algo do que levamos feito e nos servise de carta de presentación, pois non sempre resulta doado explicar a nosa natureza e fins, pola singularidade e carácter sui generis. Neste libro atopará o lector unha crónica do que nos foi dando a imaxinación e o traballo para organizar actividades que axuden a consolidar no tecido industrial galego a asunción de responsabilidade coa nosa lingua e a nosa cultura, e ó final unha ficha identificativa de todos os nosos membros, conformando todo unha guía sinxela e manexable.

Historia dun compromiso singular

Fundación Galicia Empresa
Edita: 
INCIS S.L.
Número de páxinas: 
160

Descargar a obra completa